DIRECTIVA


Queridos amigos:


A Xunta directiva do Club Deportivo Sociedade de Caza Serra do Galiñeiro quere, en primeiro lugar, darvos a benvida a este Club do cal formades parte.
A finalidade prioritaria do Club é a de conservar e manter nas mellores condicións posibles as especies cinexéticas e o entorno do noso Tecor.
Para poder levar a cabo todas as iniciativas e actividades precisamos da vosa axuda:

A primeira é a vosa achega económica mediante a cota de socio (a) da Asociación, cota cuxa cantidade definitiva se fixa na Asamblea Xeral que temos todos os asociados.

A segunda, é a colaboración para o bo funcionamento do Club. Todas as ideas de colaboración achegámolas os socios no noso afán por conseguir unha mellora continua nas tarefas de mantemento e benestar das especies cinexéticas e entorno do Tecor. A xunta Directiva mantén reunións ordinarias para seguir a marcha do Tecor, e nesta Xunta estamos abertos a canta colaboración queirades achegar, tanto a nivel de ideas como de dedicación persoal.

Esta carta ten, como vedes, a intención de convidarvos a participar solidariamente na tarefa de colaborar na consecución da mellora do noso Tecor.

Esperámosvos!!!

A Xunta Directiva.