Xa está a piques de escomenzar a tempada para a caza maior. As previsóns para este ano son boas dado que son frecuentes os avistamentos de númerosas colonias de xabarils.
A tempada de caza menor abrirase o 18 de outubro e concluirá o 6 de xaneiro do 2010. Este é o prazo «válido con alcance xeral» que quedou determinado nunha orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG.).
Autorízase o adestramento de cans, sen petición previa, os xoves, sábados, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico desde o 3 de setembro até o 17 de outubro do 2009.
En canto a algunhas especies con réxime especial, para a arcea a tempada prolóngase até o 7 de febreiro; o prazo para a captura da lebre finaliza o 6 de decembro; para o xabaril, o período hábil estenderase desde o 30 de agosto até o 31 de xaneiro; a tempada do corzo (machos adultos) arrincará na mesma data que a do xabaril, pero concluirá o 17 de outubro.
José María Gómez Cortón, presidente de Federación Galega de Caza, sinala que a cuestión máis destacable é que por primeira vez establécese unha cota de capturas para a arcea. «Serán tres pezas por persoa e día. É unha norma que se aprobou a petición dos propios cazadores nun acto de responsabilidade. A arcea é unha especie migratoria e nestes casos a regulación nunca é fácil, xa que é complicado realizar estudos sobre a densidade e a poboación destes animais», explica.
En canto aos restantes puntos da orde publicada no DOG., Gómez Cortón indica que esta orde é moi similar ás anteriores, «só que cada vez se tenta afinar máis no arranque da tempada para adaptarse ás especies». Sinala como exemplo o caso do xabaril, «no que o comezo da época hábil tenta aproximarse ao período no que este animal ocasiona máis danos nos cultivos».
Con respecto ás previsións de face á próxima tempada, o máximo dirixente da federación galega di que «a caza maior parece que vai polo camiño das últimas campañas, con perspectivas de abundancia en canto a densidade».
En referencia á caza menor, aínda que Gómez Cortón considera que é moi pronto para facer unha avaliación, afirma que, «dado que estas especies teñen que adaptarse a un hábitat que non é moi apropiado para elas, pode esperarse que continúe a liña modesta dos últimos tempos». Engade que neste caso as cifras dependerán de como cada sociedade de caza coidase o seu territorio.
Responsable batidas Caza Maior:
Víctor Manuel Ferreira Ferreira ;Telf. 630946962
Sitio de salida:
Explanada de festas de San José de Prado Morgadans
Hora de salida:
Final de veran 7:30 e en inverno 8:30.
Hai moito furtivo solto pero eu vou a acabar con eles
ResponderEliminarEstamos nelo, estudamos posibles métodos para acabar con estas alimañas.
ResponderEliminarMe parece muy bien lo que han echo en este tecor y haber si se enteran en el mió de que hay que proteger los cazadores de menor que son los que aguantan los cotos. Cabemos todos.
ResponderEliminar