lunes, 1 de noviembre de 2010

CAMPIONATO MUNDO SAN HUBERTO

CAMPIONATO MUNDO SAN HUBERTO
O cazador galego Víctor Villar, novo Campión do Mundo de San Huberto na categoría Springer
19/10/2010
O cazador pontevedrés Víctor Villar ven de colleitar un novo éxito para o noso deporte ao acadar a medalla de ouro no Campionato do Mundo de San Huberto, na categoría Springer Spaniels, na gran final que se disputaba o pasado fin de semana en Senec (Eslovaquia), ao que acudía coa selección Española da modalidade, tras proclamarse subcampión de España.
O galego xa viña de acadar un excelente resultado o pasado ano nesta mesma competición, ao rematar subcampión por equipos na categoría de Springer Spaniels.
Ademáis, xunto co cazador madrileño Miguel Fornell, Víctor Villar proclamouse subcampión do Mundo por equipos, o que o levou de novo ao podio.
        
 Poñemos un enlace dun dos criadeiros máis importantes de España desta raza de cans, este esta ubicado no concello de Tomiño.Estrellas de Tebra        
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario